Esta carta foi enviada o venres 4 de Novembro de 2011 aos presidentes do PP en A Coruña, Galicia e España.
SR. CARLOS NEGREIRA, SR. ALBERTO N. FEIJÓO, SR. MARIANO RAJOY B.
Diríxome a vostede como responsable do PP para alertarlle da grave irresponsabilidade na que está incurrindo o seu partido político ó permitir o despilfarro que está protagonizando o Alcalde de Ponteceso José Luis Fondo Aguiar, membro do Partido Popular, no concello que preside. As pretendidas medidas de austeridade que propón o PP quedan en pura palabrería cando ollamos as cifras de Ponteceso: os oito concelleiros Populares do grupo de goberno teñen soldo, algo insólito nun concello de 6150 habitantes. Ademáis, nada máis revalidar a Alcaldía no mes de Maio, Fondo Aguiar subiuse o soldo anual 5.000 euros, nun xesto insolidario cando o PP pretende dicir que o problema do déficit público hai que atallalo reducindo os gastos correntes supèrfluos das administraciòns pùblicas. Todos estes soldoshttp://www.blogger.com/img/blank.gif detraen das arcas municipais 150.000 euros por ano.
Dende aquí reto públicamente ao seu partido a que se pronuncie sobre este escándalo, toda vez que tres dedicaciòns exclusivas e cinco parciais de 600 euros mes, nun concello do noso tamaño, son unha verdadeira obscenidade. Se o PP permite estos soldos obscenos, e non fai nada, demostrarase que a austeridade non é máis que un cántico para sacar votos, e que diante dos caciques locais o PP non ten goberno nin control, deixándolles que fagan todo tipo de falcatruadas coas archttp://www.blogger.com/img/blank.gifas municipais. A este respecto, lémbrolle que o Concello adebeda varios millóns de euros, boa parte deles a proveedores, que son pequenos empresarios, o cal está provocando que moitos deles teñan dificultades e estean pechando ou destruindo emprego.
O cal poño no seu coñecemento para que actúe e reprenda a actitude descarada dun Alcalde que segue gastando desaforadamente como se non pasara nada, cando o remanente negativo de tesourería do noso Concello en 2010 foi de 1.260.000 euros.
Reciba un cordial saúdo.
Lois García Carballido
Voceiro do PSdeG-PSOE de Ponteceso.